ABRIL EN 4 ANOS B
Un novo mes que deixamos atrás e co que demos comezo a este último trimestre do curso.
Un mes no que continuamos coas propostas de primavera, do proxecto de centro e cos intereses que conectan co que está sucedendo: propoñemos, ideamos, experimentamos, creamos e como non, xogamos, porque os nenos e as nenas xogamos para xogar (e así aprendemos).
Tamén artisteamos con PIET MONDRIÁN: facemos unha liña temporal da súa vida e obra empregando un mapa de pensamento, recreamos algunhas das súas obras con pezas de construción e lego así como unha bolboreta ao seu estilo, inventamos outras similiares ao noso estilo e ata en 3 dimensións, e creamos o noso autorretrato tras coñecer que ata se pintou a él mesmo (e iso chámase así).
Uns e unhas grandes artistas en acción!
Comentarios
Publicar un comentario