CHARLAS COA PROTECTORA "OS BIOSBARDOS"
O pasado 28 e 31 de maio todas as aulas recibimos a visita de Eva, voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos", quen nos contou moitas cousas sobre esta asociación e a súa importante labor, que non é outra que rescatar, rehabilitar, coidar e buscar unha adopción responsable para todos os animais que van parar ao refuxio, como foi o caso de "Chinito", o seu can.
Ensinounos a súa equipada mochila, con todos os accesorios importantes para o coidado deste animal, así como o aparello necesario en caso de perda ou extravío, para poder localizalo.
Tamén contounos "A historia de Parche", un emotivo conto para todos os públicos que relata a historia deste can, un novo podenco que busca algo que descoñece por completo... a felicidade. Pero esta historia ben podería ser a de calquera dos que están no refuxio, axudando así a crear conciencia no noso alumnado e invitando á reflexión e ao debate.
MOITAS GRAZAS EVA pola túa entrega e pola túa contribución
para intentar facer un mundo mellor, E GRAZAS ALUMNADO E FAMILIAS pola vosa gran COLABORACIÓN coa
doación de alimentos.
Para máis información sobre esta actividade e a implicacación dxs nosxs peques, podedes consultar o blog de biblioteca, equipo colaborador para que isto fose posible:
https://unratonabiblioteca.blogspot.com/2021/05/colaboramos-coa-protectora-de-animais.html
Comentarios
Publicar un comentario