PRODUTO FINAL PROXECTO "SEGUINDO AS PEGADAS"

 Despois de investigar arreo durante o curso no proxecto de centro e tras descubrir neste último trimestre o mundo dos insectos, o noso alumnado implicouse na creación dun hotel de insectos para a nosa horta, combinando o proceso de investigación co de construción. Estos foron os pasos a seguir para esta tarefa:

1) Interesámonos e analizamos as plagas atopadas nas plantacións da nosa horta, pensamos en posibles solucións para protexer a nosa biodiversidade e investigamos sobre os materiais e procesos necesarios para elaborar un hotel de insectos.

2) Pedimos colaboración ás nosas familias e ao noso conserxe (grazas familias por facelo posible!)

3) Clasificamos todas as aportacións, fixemos estimacións e reconto.

4) Puxémonos mans á obra para a súa creación.

Despois de todo este traballiño en equipo, xa temos o produto final na nosa horta, coa ilusión de que agora veñan a hospedarse moitos bechos e insectos beneficiosos, os cales nos axudarán a controlar as plagas de forma natural.











Ademáis, para rematar fixemos unha BÚSQUEDA DO TESOURO nunha instalación de xogo ambientada no reino animal, para pór en práctica algunhas das cousas aprendidas este curso co PDI.

Por suposto que, coa súa gran implicación. todas as aulas conseguiron a recompensa final!








Agardamos que este curso e este proxecto deixara unha gran PEGADA en vós!

Comentarios

Publicacións populares