O OUTONO NA CONTORNA
Neste mes as aulas de 4 e 5 anos saímos de paseo pola nosa contorna máis próxima: a senda do Río Louro, pola que observamos, descubrimos, exploramos, interactuamos e tamén xogamos.
Unha contorna chea de tesouros naturais que, apoiados polos nosos cadernos de campo, recolectamos para compartir e continuar as nosas investigacións na aula. Castañas, landras, abelás, uvas e as súas árbores coas suas follas, así como cogomelos e outros elementos característicos desta época estacional, foron e continúan sendo na aula os protagonistas.
Comentarios
Publicar un comentario