ESTAMOS AQUÍ
Esta semana, ao chegar ao cole atopámonos unha fábrica contaminante que enche de fume o noso cole! Rápida e espontáneamente fixemos as nosas hipóteses, as cales poñemos en común nunha rutina de pensamento nas clases (COMPARA E CONTRASTA), aportando diversas solucións.
Ademáis, un código QR apareceu nas aulas cunha mensaxe dunha nena chamada Greta Thunberg. Quen é? Para qué nos manda un video?
Nel fálanos de cousas como o CAMBIO CLIMÁTICO. Pero iso que significa?
Iniciamos así outra motivación para continuar co noso proxecto de centro, tendo unha importante misión: AXUDAR A SALVAR AO PLANETA.
Comentarios
Publicar un comentario