PROPOSTAS DA SEMANA. 5 ANOS B
Estas son as propostas que fixemos esta semana nos diferentes recunchos de aprendizaxe, polos cales vamos rotando diariamente ata completar todas as propostas. Cada vez somos máis autónomos nestas actividades e tarefas que nos permiten a adquisición das diferentes competencias.
Desenvolvemos a linguaxe de programación a través do robot mouse, ao cal debemos programar para ir aos diferentes elementos do outono, reforzando así vocabulario e orientación espacial.
Partiendo da vida e obra de Vicent Van Gogh, coñecemos que moitas das súas obras eran sobre paisaxes, e entre elas, paisaxes de outono. Visualizamos moi ben algunhas destas obras e recreamos unha paisaxe de outono propia empregando diferentes elementos, para facer unha exposición.
Actividade lóxico-matemática para traballar conteo, asociación de cantidade, iniciación á suma... Xogamos a lanzar un ou dous dados (escollen en función das súas posibilidades e da opción que creen que é a mellor para non deixar ningún obxecto fora) e rodeamos a mesma cantidade de elementos nun só grupo, ata completalos todos.
A partir da palabra creada en gran grupo nesta semana na caixa de luz, primeiro a compoñemos en equipo con elementos característicos do outono e posteriormente nas pizarras individuais, escollemos diferentes letras desta palabra e escribimos/debuxamos algunha palabra que comeza por esa inicial, avanando así no proceso lecto escritor.
Momentos semanais na biblioteca xogando ao bingo das letras, gozando deste espazo de alfabetización múltiple.
Comentarios
Publicar un comentario