COLABORAMOS CO PROXECTO MOS AXUDA

Mos Axuda é un proxecto do Concello de Mos de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio.

Perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados e contribuindo aos obxectivos de desenvolvemento sostible, solicitamos a vosa colaboración nesta campaña de nadal 2021.
O alumnado de 5 anos pide especial colaboración para esta GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS, creando carteis, tanto desde o cole como desde a casa, para dar maior difusión.
Como colaborar?
Podes depositar alimentos non perecedeiros nas caixas situadas na entrada do cole antes do 17 de decembro.
E ti… colaboras?














Comentarios

Publicacións populares