GRETA e os ECORETOS
Seguimos avanzando no PDI "Estamos aquí". Este luns cando chegamos ao centro atopamos os corredores e as aulas de infantil cheas de basura e unha mensaxe de Greta Thunberg convidándonos a formar parte dunha importante misión, dita misión consta de 3 grandes ECORETOS!!
Arrancamos co primeiro ¿Seremos capaces de conseguilo?
Polo de pronto, esta situación xenereu un conflito cognitivo a partir do cal puxémonos a pensar e a dar, como veredes, grandes e diversas solucións.
Por outra banda, o que vimos fíxonos empatizar e comprender como se poden sentir os animáis que atopan o seu hábitat cheo dos desperdicios que nós mesmos producimos sen control.
En resumo, trátase dunha vivencia que produce en nós un impacto e un rexistro na nosa memoria que permitirá ir construindo novas aprendizaxes.
Comentarios
Publicar un comentario