Este martes todo o ciclo de educación infantil acudimos a nosa horta escolar!!!
Así damos comezo o novo reto que Greta Thumberg nos propón, neste gran misión que temos que é coidar o noso planeta.
Plantamos leitugas e cebolas. Foi unha gran experiencia que nos sirve para estar en contacto coa natureza e a terra. Agora responsabilizarémonos do seu coidado e prestaremos moita atención o seu crecemento.
Tamén aproveitamos para observar o hotel de insectos e as composteiras que necesitaremos para levar a cabo novas tarefas no noso compromiso co medio ambiente.
Comentarios
Publicar un comentario