PLANTAMOS ÁRBORES NO CONTORNO

Este venres a cativada de 4 e 5 anos tivemos unha xornada lectiva especial. Realizamos unha excursión para plantar árbores no contorno do cole. 

Continuamos a cumprir os Ecoretos que nos propón Greta Thumberg para coidar o noso planeta. Neste caso, o Ecoreto proposto foi plantar árbores e, cabe dicir, que o superamos con éxito.

Comezamos a nosa excursión pola senda do río Louro.


                               

             

                                         


Despois de camiñar un bo anaquiño chegamos ao noso destino, á Gándara. Aquí, coa axuda da Comunidade de Montes e Protección Civil de Mos, plantamos acivros, cerdeiras, castiñeiros, nogueiras, pereiras e caquis.


Sen dúbida foi unha xornada que non esqueceremos. Esperamos que nuns anos poidamos pasar por ese lugar e ver as árbores grandes e cheas de vida.


Cos nosos pequenos xestos, contribuímos a construír un mundo mellor.

Somos uns súper coidadorxs do planeta!

Comentarios

Publicacións populares